CRTVG

Buscar

A ONU confirma polo menos 269 mortos pola represión das protestas en Iraq

Publicado o 08/11/2019 12:38
A ONU confirma polo menos 269 mortos pola represión das protestas en Iraq

A ONU confirmou hoxe que polo menos 269 persoas morreron nas protestas en Iraq, que foron duramente reprimidas polas forzas de seguridade e no medio das cales outros grupos armados perpetraron asasinatos deliberados.

Só esta mañá a Oficina de Dereitos Humanos da ONU en Xenebra foi informada da morte de cinco manifestantes asasinados onte á noite fronte ao edificio da Gobernación de Basora.

Ademais dos mortos, contabilizáronse polo menos 8.000 feridos, incluídos axentes de seguridade e militares, entre o 1 de outubro e o 7 de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí