CRTVG

Buscar

A ONCE pon en marcha unha actividade para que nenos cegos coñezan de preto o mundo do teatro

Publicado o 24/06/2019 14:11

Experiencias do real. Así resumen na ONCE as actividades programadas para nenos cegos ou con discapacidade visual severa, que hoxe comezaron nun teatro. Ao longo da semana traballarán a escultura e o cómic. Ademais, visitarán un hospital e un aeroporto.

O programa está pensado para vivir experiencias ás que non lles é doado acceder. Tocaron o pano de fondo e as bambolinas, sentiron o quecer dos focos e aprenderon a escoitar o espazo... e o corpo.

Son nenos cegos ou con discapacidade visual severa que coñeceron de preto o mundo do teatro. Hoxe traballaron a linguaxe corporal e a expresión da voz.

Para moitos foi a súa primeira entrada en escena. Outros, xa subiran ao escenario en obras do colexio. E as súas barreiras rtampouco son alleas ás dun vidente. E se hai que resumir esta experiencia, Paula faino por todos.

Guiados pola ONCE, reivindican experiencias do real ás que non lles é doado acceder.

Noticias web

24/06/2019