CRTVG

Buscar

A OMS alerta da repunta de casos en Europa e no mundo

Publicado o 20/08/2020 15:06

A Organización Mundial da Saúde alerta da repunta de casos en Europa durante agosto en comparación con xuño, cando estaban no seu nivel máis baixo.

En Alemaña o número de contaxios diarios segue a medrar, superando hoxe por primeira vez dende abril os 1.700.

En Francia superáronse novamente os 3.000 positivos diarios, pero o presidente Macron desbotou un confinamento masivo polos danos colaterais que ocasionaría.

En América tamén segue a medrar o número de casos. No Ecuador as autoridades están a recoller as vítimas da covid que están a morrer fóra dos hospitais.

No Brasil, o Congreso tumbou o veto de Bolsonaro, contrario o uso obrigatorio de máscara. O país suma tres millóns e medio de contaxiados e máis de 111.000 mortes.

Na Arxentina recrúa o debate entre os que reclaman o relaxamento das medidas pola economía e os colectivos sanitarios, que alertan da repunta de casos e da precariedade na que se atopan.

Mentres o veciño Chile saíu esta semana da corentena, que o presidente Piñera oficializou coa volta do fútbol profesional esta fin de semana.

En Asia, A India supera os 2,8 millóns de casos tras un récord de máis de 69.000 contaxios nun día.

Na China, o Goberno tivo que saír ao paso despois da difusión das imaxes dunha festa multitudinaria nun parque acuático de Wuhan, a orixe da pandemia. Nas últimas horas A China tan só reportou sete novos contaxios, todos eles procedentes do exterior.

A conta global do coronavirus no mundo fala de 22,5 millóns de casos confirmados e 779.000 falecidos.

Noticias web

20/08/2020