CRTVG

Buscar

A obra pública, o transporte e o téxtil continúan coa súa actividade

Publicado o 17/03/2020 14:33

A imaxe dos traballadores da construción continúa a ser habitual nas rúas das cidades galegas. A obra pública non para nesta situación tan especial que estamos a vivir. Iso si, nalgún caso con limitacións horarias.

"Si, si, reducimos o horario unhas horas, ata que nos manden outra vez". "Temos as medidas adoptadas e temos que traballar, que a xente necesita servizo, daquela temos que seguir traballando". "Ben, ben, traballar é un privilexio que non moitos poden ter nun momento dado coma este", din os traballadores.

Outro dos sectores estratéxicos que non poden parar é o do transporte. A este colectivo tamén se lle flexibiliza o horario mentres continúe o estado de alarma.

Antonio Señariz, presidente da Asociación Galega de Transportistas: "Isto garante o abastecemento, a exposición ao mínimo de risco nas zonas afectadas e, terceira, o poder conciliar ao máximo a vida familiar".

No sector téxtil, Inditex continúa coa súa actividade nos distintos centros loxísticos que ten distribuídos por España, entre eles, o do polígono de Sabón, en Arteixo.

Noticias web

17/03/2020