CRTVG

Buscar

A obra de Morquecho no Pazo da Cultura de Pontevedra

Publicado o 26/06/2020 21:52

Cando Morquecho nos fala de necesidade espiritual refírese á de buscar as súas propias fórmulas para conseguir un estilo propio e á de expoñer en Pontevedra, a súa cidade natal. Un desexo cumprido no Pazo da Cultura coa mostra 'Morquecho 2000 -2020'.

E durante estes vinte anos mascou na cor, nas iniciáticas referencias das vangardas, na natureza, nas incansables viaxes ... Mascou ata ser Morquecho. Ata case aceptar a etiqueta de expresionista. Na década dos 80 fixo da paisaxe unha inspiración, unha paixón e o pretexto para encher de cor boa parte desta mostra.
Sentiuse sempre libre, dinos que cos anos, aínda máis. Se cadra por iso trouxo aquí segredos que noutrora serían inconfesables: poemas íntimos, acuarelas ou obxectos cotiáns reconvertidos en pezas únicas. Defínese Morquecho como pintor impetuoso.

Case a diario, o pintor que desde moi novo quixo ser pintor, segue indo ao estudio. Cando cae a noite, confésanos, convértese en artista.








 

Noticias web

26/06/2020