CRTVG

Buscar

A sanidade fixa como obxectivo evitar aglomeracións nesta nova normalidade

Publicado o 17/06/2020 21:54

Salas de espera case baleiras e corredores sen apenas xente. Son algunhas das consecuencias da nova normalidade nos servizos sanitarios para evitar aglomeracións.

Un novo xeito de xestión baseado nun cambio de actitudes no sistema. Con ese obxectivo, sempre que sexa posible, primará a atención telefónica sobre a presencial.

Por iso, esta nova normalidade implica tamén proceso de reeducación da poboación para entre todos frear a propagación tanto da COVID-19 coma doutras infeccións respiratorias.

Noticias web

17/06/2020