CRTVG

Buscar

A nova normalidade chega con novos obstáculos para as persoas cegas

Publicado o 06/06/2020 21:37

Os comercios reabriron incorporando carteis con información e con normas, hai sinais que nos indican onde agardar, ata onde podemos chegar, marcas que delimitan espazos e distancias, que establecen o camiño de entrada e de saída. O coronavirus impuxo protocolos estritos nos que tocar é un factor de risco. Unha barreira máis para as persoas cegas.

Jesús escolle mercar no barrio, en tendas nas que o coñecen polo seu nome. Conta que as primeiras semanas sentiu como unha ameaza o silencio das cidades confinadas. A vida regresou ás rúas e aos comercios, pero as persoas con discapacidade visual deben enfrontarse a novos obstáculos.

Propón máis solucións, por exemplo, utilizar sinais sonoros ou que as marcas no chan sexan rugosas, semellantes as dos pasos de peóns.

Noticias web

06/06/2020