CRTVG

Buscar

A nova Lei galega de pesca continental contempla multas de ata dous millóns por furtivismo

Publicado o 26/12/2019 14:43

Para axudar á remuda xeracional na pesca continental crearanse escolas de río, que educarán os máis pequenos na conservación destes ecosistemas. Ademais, os menores de 14 anos poderán pescar sen licenza. Eles e os maiores de 65 quedarán tamén exentos de taxas.

Outro dos obxectivos da lei é fomentar a pesca sen morte, de aí que os permisos para menores nestes casos serán gratis. A Xunta busca tamén que esta lei dinamice o turismo rural, polo que prevé a concesión de aproveitamentos piscícolas a empresas.

A nova lei inclúe un endurecemento das sancións para infraccións moi graves. A multa por furtivismo pode chegar aos 2 millóns de euros.

Noticias web

26/12/2019