CRTVG

Buscar

A nova lei de residuos fomentará a instalación de fontes de auga potable nos edificios públicos

Publicado o 16/01/2020 15:30

Mudar este hábito en edificios públicos: o de mercar botellas de auga, por outro máis comprometido co futuro do planeta, encher envases reutilizables en billas de auga potable. Será a opción da futura lei de residuos que tramita o Parlamento galego.

"O uso da auga da billa, sobre todo cando se seguen, como ocorre en Galicia, criterios de calidade e parámetros óptimos, fai que sexa unha opción perfectamente válida para poder cubrir esa necesidade", di Miguel López, da Unión de Consumidores de Galicia.

A proposta xurdiu dos consumidores e concellos. A Xunta aceptouna con dúas condicións: que a auga sexa de balde e os envases reutilizables.

"Non só é unha cuestión de aforro desde o punto de vista ambiental, senón tamén para os nosos petos".

A Xunta agarda poder aprobar a lei no primeiro trimestre do ano. Prohibirá os plásticos dun só uso como palliñas, vaixelas ou bastonciños, e obrigará os restaurantes a dar a comida non consumida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020