CRTVG

Buscar

A neve regresa a Ourense despois do paso da borrasca Karim e caen as temperaturas

Publicado o 22/02/2021 08:27

A neve volve facer acto de presenza en distintas localidades ourensás que amenceron cubertas de branco este domingio. Tras o paso de Karim por Ourense, onde deixou refachos de vento fortes e precipitacións abundantes, as folerpas caeron na provincia.

Os veciños espertaron coa neve en zonas como Cualedro, A Bola, ou Bande onde causou difucultades no tráfico por estrada no alto do Furriolo.

Recoméndase precaución para circular, aínda que as estradas teñen nivel verde por estas vías e hai máquinas quitaneves preparadas:

  • A-52 (As Estivadas, Cualedro): do quilómetro 173 ao 181
  • N-525 (Cualedro-Trasmiras): dol quilómetro 180 ao 185
  • OU-531 (A Bola-Furriolo): do quilómetro 15 ao 17
  • OU-540 (Bande-Alto do Vieiro): do quilómetro 35 ao 36
  • OU-24

A mínima na provincia, -3,8 en Xares

As temperaturas na provincia experimentaron un descenso nas últimas horas. En puntos da montaña oriental, como Manzaneda, os termómetros marcaron -3,7 baixo cero ou -3,8 en Xares, a mínima na provincia. No Xurés as temperaturas caeron ata os 0 graos, e en Baltar a minima foi de 0,7 graos. Xinzo rexistrou mínimas de 1,7 graos, mentres que na capital, en Ourense, a mínima foi de 5,4 graos.