CRTVG

Buscar

A neve chega ás zonas máis altas da montaña de Lugo e Ourense

Publicado o 19/01/2020 14:50

Así amenceu hoxe Manzaneda. A neve caída durante a noite tinguiu de branco toda a estación. Os espesores non son dabondo para permitir a práctica do esquí, pero si outros deportes como a bicicleta de montaña con diferentes percorridos a través da neve.

Medio cento de afeccionados a este deportes achegáronse ata aquí. Xunto a eles familias ou parellas con ganas de gozar dun domingo diferente. Ben facendo sendeirismo, fotografías ou simplemente xogando coa neve.

Loce o sol dende primeira hora, pero a 1.500 metros de altitude ao termómetro cústalle subir dos 0 graos. Aquí as temperautas caeron por debaixo dos menos tres. Menos catro houbo nos altos de Carballeda de Valdeorras, un frío que virá acompañado pola tarde de vento. A partir das 6 está activado un aviso por refachos fortes que poden superar os 80 quilómétros por hora na zona de montaña e que se estenderán a mañá.

Neve no Cebreiro

Aínda que menos ca en Manzaneda, tamén houbo neve e xeo no alto do Cebreiro, localidade onde a mínima está este domingo nos menos tres graos e a máxima nos tres graos centígrados. O de hoxe é un día tipicamente invernal, e espérase que, polo menos ata o martes, continúen as temperaturas baixas na zona e cunha sensación térmica de máis frío aínda, xa que vai haber, sobre todo o martes, vento forte do leste na zona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020