CRTVG

Buscar

A neve causa dificultades para circular nas estradas de montaña de Lugo e Ourense

Publicado o 17/12/2019 11:23

38 provincias en alerta por refachos de vento, chuvia ou neve en España. En Galicia hai neve nas montañas de Lugo e Ourense. En Pedrafita do Cebreiro hai algo máis de cinco centímetros de neve.

Hoxe a xornada, en canto ao tempo, vai ser un pouco máis tranquila, pero hoxe ainda pode nevar en cotas por enriba do dos 600 metros. As temperaturas mínimas baixan hoxe a valores do -3,5ºC en lugares de montaña como a Veiga ou os -3,2 de Cervantes. Polo que o problema principal, amais da neve e néboas, están a ser as placas de xeo.

A subdelagación do Goberno en Galicia ten activado o plan de viabilidade invernal actuado cos recursos dispoñibles para que se poida circular polas estradas. Hai unhas 63 máquinas quitaneves preparadas para traballar nas estradas de Lugo e Ourense nas que sexa necesario. Tamén se van repartir unhas 15.000 toneladas de sal para evitar incidencias nas estradas.

Polo de agora, non hai grandes problemas para circular e si que se recomenda precaucion e baixar a velocidade nas zonas complicadas. De momento está restrinxido o tráfico de camións na LU-653 en Pedrafita do Cebreiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2019