CRTVG

Buscar

A natureza recupera o espazo fronte ao confinamento humano

Publicado o 13/04/2020 20:44

Tres falcóns pasean polo ceo do parque vigués do Castro. É a hora da merenda e, en canto chegaron, acabouse o balbordo de paxariños que enchía o aire. No mundo con menos coches, aparecen sons que sempre estiveron aí e que nunca chegamos a escoitar. Na Pontevedra dos pasos ausentes, resulta que había outra vida debaixo das pedras da Ferraría.

Efectos que xa son positivos na calidade do aire, que en Vigo se respira tan limpo como en Xinzo da Limia, a teor das medicións de Meteogalicia. Custa crer que o contexto doloroso dunha pandemia sexa unha oportunidade para algunha cousa; cabería pensar, en cambio, en que podemos aprender. Por exemplo, en ampliar o significado dos tres erres: reutilizar, reciclar, reducir.

Quen contaba coa compatibilidade dunha garza co ecosistema do río pontevedrés dos Gafos? E velaí estaba, para o obxectivo de Salomé, que a fotografou camiño do supermercado.

Noticias web

13/04/2020