CRTVG

Buscar

A nai e esposa dos afogados en Mijas asegura que "si sabían nadar"

Publicado o 28/12/2019 12:52

Novidades no caso dos tres membros dunha mesma familia, un pai e dous fillos, afogados o día de noiteboa en Mijas. A nai desmente hoxe nun comunicado que os tres falecidos non souberan nadar. Asegura que si sabían e que foron arrastrados cara á zona profunda da piscina por algún fallo da mesma. Tamén desmente que a pequena da familia caese accidentalmente á auga. Di que estaba nadando na zona menos fonda cando unha corrente a levou cara a dentro. A Garda Civil mantén aberta a investigación. Onte, nun comunicado, apuntaba á falta de pericia para nadar dos falecidos como causa máis probable da morte, despois de que os axentes inspeccionaran o sistema de depuración da piscina e non atopasen ningunha irregularidade.

Noticias web

28/12/2019