CRTVG

Buscar

A nai do galego caído en combate en Siria agarda a repatriación do cadáver

Publicado o 24/02/2018 15:06

 

Beatriz Prada, a nai de Samuel Prada, o ourensán de 24 anos que morreu en Siria mentres combatía o DAESH continúa intentando repatriar o seu cadáver. Barán Galicia, ese era o seu alcume de guerra, caeu en combate o 10 de febreiro en Afrín, ao norte do país, loitando como voluntario do exército kurdo. Os bombardeos na zona impediron recuperar os restos mortais, que si están localizados. Os seus amigos en Andorra, onde residía coa nai, celebraron hoxe un funeral. Segundo a familia, queda pendente outro en Ourense, cidade á que o falecido se sentía moi unido. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2018