CRTVG

Buscar

A N-120 entre Ourense e Monforte seguirá cortada ao tráfico polo menos ata decembro

Publicado o 20/11/2019 14:18

Desde hai 11 días que se produciu o desprendemento da ladeira na N-120 á saída da cidade de Ourense, os operarios de Fomento están a traballar no seu asentamento. A vía, que comunica Ourense co Barco de Valdeorras, está pechada ata Monforte nos dous sentidos. Os máis prexudicados están a ser os transportistas, din que os desvíos lles supoñen media hora máis de viaxe e máis gasto en combustible.

Nunha xuntanza co subdelegado do Goberno en Ourense, os transportistas trasladáronlle a súa preocupación e urxen o arranxo da estrada. Os labores son complicados e segundo o subdelegado do Goberno na provincia este treito vai seguir pechado ao tráfico ata polo menos o mes de decembro. A N-120 é a segunda vía, despois da A-52, pola que circula máis transporte de mercadorías.

Noticias web

20/11/2019