CRTVG

Buscar

A muralla romana de Lugo, 20 anos como Patrimonio da Humanidade

Publicado o 30/11/2020 15:55

O principal monumento de Lugo, a muralla romana, está hoxe de aniversario. Fai vinte anos da súa declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

Un recoñecemento que permitiu a proxección mundial do monumento que vertebra a cidade e convertelo nun dos principais reclamos turísticos de Galicia.

Os actos arrancaban tinguindo de luz as portas da muralla para que os lugueses proxectaran a súa sombra lumínica sobre os muros do monumento.

A Xunta deseña un plan director en que se marcará a folla de ruta das actuacións que se van levar a cabo no monumento para a súa conservación e mantemento.

Xa hai programados varios traballos para o vindeiro ano, como a restauración dos lenzos de dous dos cubos

Noticias web

30/11/2020