CRTVG

Buscar

A muralla de Lugo tínguese de verde para apoiar as vítimas do cancro

Publicado o 03/02/2020 21:22

A muralla de Lugo tínguese de verde xa dende esta noite para apoiar as vítimas do cancro e concienciar sobre a enfermidade.

Mañá celébrase o Día Internacional contra o Cancro. Dende a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo queren expresar así a súa solidariedade cos afectados e as súas familias e promover os hábitos que axuden a evitala e a combatela.

Durante toda a semana haberá máis actividades de concienciación.

Noticias web

03/02/2020