CRTVG

Buscar

A muller que perseguiu un condutor kamikaze en Lugo di que o volvería facer

Publicado o 04/03/2020 14:32

Elena di que ten pesadelos co incidente que sen querer protagonizou hai uns días. Volvía de xestionar a saída dun dos autobuses da empresa para a que traballa. Circulaba por esta rúa de Lugo cando, de repente, viu como un coche escuro se dirixía cara a ela. A pesar de que o alertou en varias ocasións de que circulaba en sentido contrario, o kamikaze bateu de fronte contra ela.

A pesar da tensión do momento, a Elena non lle tremeu o pulso e iniciou a persecución do kamikaze, ao mesmo tempo falaba coa policía. Cando viu que o coche se poñía a 160 decidiu parar. Foi unha persecución de media hora en que o kamikaze deixou unha ringleira de estragos tras bater contra outros coches e edificios.

O periplo do kamikaze remataba tras bater contra un edificio. O condutor foxe do lugar deixando alí o coche e o seu acompañante. A policía localízao minutos despois durmindo, cuadriplicaba a taxa de alcol.

A pesar do susto, Elena non dubida é di que o volvería facer.

Noticias web

04/03/2020