CRTVG

Buscar

A muller que afogou a filla na bañeira ten problemas mentais

Publicado o 31/12/2019 18:57

A muller que onte afogou á súa filla na bañeira en Xirona pasará o xoves a disposición xudicial Hoxe, os seus veciños, encabezados pola alcaldesa e os grupos do concello, gardaron un minuto de silencio en solidariedade coa pequena e tamén para mostrar o seu apoio aos seus familiares e amigos. O caso está baixo segredo sumarial pero, segundo parece, a detida padecía un trastorno psicolóxico e a familia estaba facendo os trámites para incapacitala. Hai dúas semanas, outra muller matou as súas fillas pequenas e despois suicidouse, tamén en Xirona.

Noticias web

31/12/2019