A morte perinatal, unha perda silenciosa que se vive en soidade
Afrontar a morte dun fillo que non chegou a nacer é unha perda silenciosa, pero tamén silenciada que as familias afrontan maioritariamente en soidade. A xornalista coruñesa Luisa López pon voz e palabras á morte perinatal.
Na recta final do seu embarazo Luisa recibiu a tráxica noticia da morte do seu fillo Miguel, aos 8 meses de xestación. Movida pola dor da perda esta xornalista comezou a indagar sobre a morte perinatal. Experiencia que agora plasma nun libro.
Aborda con naturalidade unha realidade socialmente silenciada e dá pautas de cómo despedirse do bebé ou afrontar a volta ao fogar sen o fillo falecido.
O libro sae á luz coincidindo co Día Internacional do Dó Perinatal que se conmemora este xoves. A OMS calcula que 2MILLÓNS600MIL bebés morren cada ano no mundo durante o embarazo ou nos primeiros días de vida.
A recadación pola venda do libro irá destinada á ONG Terra de Homes que desenvolve proxectos de axuda á infancia.