CRTVG

Buscar

A ministra Reyes Maroto anuncia un proxecto piloto en España do pasaporte sanitario

Publicado o 04/03/2021 20:55

España porá en marcha un proxecto piloto do pasaporte sanitario. Sería o paso previo á súa aprobación pola Unión Europea.

España mete présa porque canto antes exista ese certificado, antes se van normalizar as viaxes e antes se vai reactivar o turismo. Esta proba piloto téñena que facer a maioria de paises para probar o seu funcionamento e corrixir deficiencias.

España quere darlle un empurrón o proxecto e que ese certificado de vacinación sexa unha realidade no menor tempo posible. De momento a proba piloto non ten data nin tampouco se sabe onde se vai realizar. Pero podería ser nalgún destino dentro da peninsula e tamén nas Baleares ou nas Canarias.

Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo: "España quere ser pioneira no uso deste certificado dixital e, como sabedes, creamos unha comisión interministerial que preside o presidente do Goberno para axilizar o seu desenvolvemento e para poder facer un proxecto piloto para probar a súa idoneidade e estar preparados para o seu uso no momento en que os datos da pandemia o permitan".

 

Noticias web

04/03/2021