CRTVG

Buscar

A ministra principal de Escocia anuncia que impulsará un segundo referendo de independencia do Reino Unido

Publicado o 25/04/2019 07:54

A ministra principal de Escocia, Nicola Sturgeon, anunciou que impulsará a celebración dun segundo referendo de independencia do Reino Unido antes de que remate a actual lexislatura en 2021.

Durante o discurso sobre o 'brexit' e o futuro de Escocia que pronunciou no Parlamento, Sturgeon dixo que antes de que remate este ano a Cámara comezará a lexislar sobre unha hipotética consulta.

A líder do Partido Nacionalista escocés desvelou que a súa decisión é consecuencia da crise política desencadeada pola próxima saída do Reino Unido da Unión Europea, rexeitada polo 62 por cento dos escoceses.

Noticias web

25/04/2019