CRTVG

Buscar

A ministra de Traballo ve "unha medida excepcional" o uso de fondos de formación das autonomías para pagar o paro

Publicado o 21/04/2020 19:42

 A ministra de Traballo defendeu no Congreso a decisión de destinar os cartos de formación das comunidades autónomas a pagar prestacións por desemprego. Yolanda Díaz asegura que se trata dunha medida excepcional e transitoria para afrontar a crise laboral derivada da pandemia de coronavirus.

Yolanda Díaz. Ministra de Traballo: "Moitos conselleiros e conselleiras fixéronos chegar que este ano pola extraordinaria situación apenas se ía poder despregar a actividade da formación. Queriamos evitar o que pasou no pasado, que se convertera, a razón de 500 euros anuais, nun remanente de tesourería. Esta medida é absolutamente extraordinaria e excepcional"

Noticias web

21/04/2020