CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz abre a porta a prorrogar os ERTE alén do Nadal coa contía actual

Publicado o 14/09/2020 14:46


Uns 700.000 traballadores seguen en ERTE, pendentes da negociación entre o Goberno e os axentes sociais, que entra na semana clave. Canto á súa prórroga, a ministra de Traballo abre a porta a estendelos máis alá do 31 de decembro.

Outro punto de debate é o chamado 'contador a cero', polo que os acollidos a un expediente non consumirían tempo de paro. Díaz avoga por manter a prestación por desemprego durante seis meses.

A titular de Traballo discrepa da proposta do seu homólogo de Seguridade Social de incentivar o atraso na idade de xubilación.

Díaz tamén adiantou que a Lei de teletraballo non irá ao Consello de Ministros de mañá, a falta dunha reunión técnica para darlle os útlimos retoques.

Noticias web

14/09/2020