CRTVG

Buscar

A ministra de Exteriores recoñece que hai un cargamento de respiradores retido en Turquía

Publicado o 04/04/2020 09:11

A ministra de Exteriores, Arancha González Laya, recoñeceu que un cargamento de respiradores que viña cara a España está retido en Turquía polas autoridades daquel país. Segundo confirmou en rolda de prensa, "polo de agora non van saír de alí porque o goberno turco entende que é unha prioridade para o tratamento dos seus enfermos". Exteriores intentará xestionar canto antes o envío dese material comprado por varias comunidades en España aínda que González Laya confirmou que "nunhas semanas volverá poñerse ese material a disposición de España".

Noticias web

04/04/2020