CRTVG

Buscar

A ministra Carolina Darias desexou "os mellores acertos" no novo mandato de Feijóo

Publicado o 05/09/2020 18:57

A ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, desexoulle en nome do Goberno de España "os mellores acertos" no seu novo mandato ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e apelou ao "entendemento" e a "cogobernación" entre administracións. En declaracións aos medios ás portas do Parlamento de Galicia logo de asistir á toma de posesión de Núñez Feijóo como xefe do executivo autonómico, Darias -que exerceu como representante do Goberno central no acto- destacou que a pandemia marca "tempos de dificultade e para o entendemento" nos que "a compresión non só é posible, senón tamén necesaria".
 

Noticias web

05/09/2020