CRTVG

Buscar

A mesa negociadora aborda a futura lei do traballo a distancia

Publicado o 01/09/2020 08:16

Reunión da mesa negociadora co borrador da lei do teletraballo sobre a mesa.
Xuntaranse representantes dos axentes sociais e dos Ministerios de Traballo e Seguridade Social. Segundo transcendeu, o acordo aínda está lonxe.
O principal tema de desencontro é que os empresasios queren que este regulamento se aplique cando os traballadores superen o 20 % da xornada, algo ao que se opoñen os sindicatos.
Entre os puntos modificados do anterior texto está que a regulación do traballo a distancia non será de aplicación para o persoal laboral das Administracións Públicas. E clarifica os límites das empresas para controlar e vixiar o teletraballo. O venres a mesa negociadora tratará a ampliación dos ERTE.

Noticias web

01/09/2020