CRTVG

Buscar

A melloría dos datos podería permitir a apertura da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés

Publicado o 02/03/2021 15:43

Os contaxios en toda Galicia continúan en niveis baixos, cun novo descenso dos casos activos, que se sitúan por debaixo dos cinco mil. Esta tarde o comité clínico reúnese para avaliar a situación.

Unha das áreas para a que se agardan boas noticias é a de Pontevedra-O Salnés. O comité clínico estuda un alivio das restricións nesta zona debido unha importante melloría na evolución como no concello de Marín onde os contaxios seguen baixando.

Os expertos avaliarán esta tarde a posibilidade de levantar o peche perimetral da área sanitaria.

O alivio sería posible pola boa evolución na área que este martes tan só rexistra 20 novos contaxios e queda con 722 casos activos.

Tamén mellora a situación hospitalaria, baixan os ingresos a 55 pacientes, deles once na UCI.

Noticias web

02/03/2021

Máis sobre actualidade