CRTVG

Buscar

A Mariña mantense nos niveis máis baixos de casos da covid-19 en Galicia

Publicado o 26/10/2020 08:29

A Mariña supón o contrapunto respecto ao resto de Galicia en canto a persoas con coronavirus. Aquí os niveis mantéñense baixos. De feito, agás Viveiro e Burela, que acaban de rexistrar algún caso e están en nivel 1, o resto de municipios non chega aos sete infectados.

No verán A Mariña sufriu un confinamento logo de que se detectara un gromo que acabou por afectar os quince concellos. Chegaron a estar pechados durante case un mes. A situación superouse grazas ao esforzo de todos por cumprir as normas. Queren evitar que se repita a situación.

Con todo, A Mariña non está fóra de perigo. Nos últimos días aumentaron os casos positivos en centros educativos e nas residencias de maiores. Están afectados seis escolares de cinco colexios de Viveiro, Burela, Foz e Xove, e tres traballadores doutras tantas residencias de anciáns.

Noticias web

26/10/2020