CRTVG

Buscar

A Marea Galeguista esixe para Galicia o mesmo carácter nacional que Euskadi e Cataluña

Publicado o 28/06/2020 15:50

84 anos despois do seu plebiscito, Pancho Casal reivindicou o estatuto galego da Segunda República, ante a falla de desenvolvemento, dixo, do estatuto actual. O candidato da Marea esixiu para Galicia o mesmo carácter nacional de Cataluña e Euskadi.

"Un carácter nacional que non é excluínte porque o noso soberanismo é un acordo pola defensa do dereito da cidadanía galega a decidir o seu futuro, nada máis que iso. Quen pode estar en desacordo con que os galegos decidamos o que nos afecta?", preguntouse.

Pancho Casal defendeu a súa coalición como a única vía para impedir que haxa unha maioría absoluta, ben do PP, ou ben dun tripartito que dá por feito xa dos socialistas co BNG e Galicia En Común Podemos.

"Está o bloque, que cre que o PP ten que manter unha maioría absoluta, e o outro tripartito, que pretende ter unha maioría absoluta alternativa. Que papel quere xogar a Marea Galeguista? Pois estar no medio", asegurou Casal.

A filla de Alexandre Bóveda, un dos pais intelectuais do Partido Galeguista e do Estatuto do 36, foi a encargada de pechar o acto. 

Noticias web

28/06/2020