CRTVG

Buscar

A "marcha do aluminio" de Alcoa remata este luns en Madrid

Publicado o 23/06/2019 20:24

Os traballadores de Alcoa rematarán en Madrid a "marcha do aluminio" e despois van encabezar unha manifestación que terá como punto final o Ministerio de Industria.

Os que levan a cabo a marcha son uns 45 traballadores da factoría de Avilés, que partiron o día 13 deste mes da localidade asturiana e este domingo transitaban xa pola provincia madrileña.

O luns uniranse a eles previsiblemente representantes da planta coruñesa de Alcoa. Piden que se explique máis polo miúdo o plan de salvación das dúas factorías, porque temen que máis de cen traballadores queden sen recolocar.

 

Noticias web

23/06/2019