CRTVG

Buscar

A maioría dos alumnos do colexio apuntalado en Sarria seguen sen ir á escola

Publicado o 22/01/2020 14:51

Os puntais presiden a entrada do colexio Frei Luis de Granada de Sarria. Técnicos de educación manifestaron que se trata dunha medida preventiva para o arranxo dunhas fendas, pero a situación xera controversia entre os pais. Moitos cren que o centro non é seguro e que os cativos non poden convivir con obras, puntais e instalacións deficientes mentres que outros cren que non hai problema.

Dende a Xunta din que os informes técnicos avalan que a seguridade está garantida e que só van quedar os puntais do exterior.

As explicacións dadas non convencen os pais e só un 15% dos alumnos acudiu á clase. Si se concentraron ás portas do centro para manifestar o seu descontento e demandar solucións urxentes.

Noticias web

22/01/2020