CRTVG

Buscar

A luz subiu máis do 50% nos dez últimos anos

Publicado o 09/12/2019 12:37
A luz subiu máis do 50% nos dez últimos anos

España sitúase como o segundo país da Unión Europea onde máis encareceu a luz nos dez últimos anos. En concreto, un 52,38 por cento desde 2009, só por detrás de Letonia, que está preto do 55 por cento.

No conxunto da UE, a media da suba nese tempo foi do 31,64 por cento, case once puntos menos ca en España.

O mercado español da electricidade liberalizouse en 1997 coa perspectiva de reducir os importes que paga o consumidor. Hoxe, con 244 empresas que comercializan a luz, os número din o contrario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019

Máis sobre actualidade