CRTVG

Buscar

A luz baixa un 0,4% en marzo, pero é un 3,7% máis cara que hai un ano

Publicado o 01/04/2019 13:20
A luz baixa un 0,4% en marzo, pero é un 3,7% máis cara que hai un ano

O recibo da luz en marzo baixou un 0,4%, pero aínda asi é un 3,75% máis caro que o mesmo mes de 2018. É o sexto descenso consecutivo que encadena desde outubro. A factura para un consumidor tipo cunha potencia contratada de 4,4 quilowatts e un consumo anual de 3.000 quilowatts hora acollido á tarifa regulamentada, ou PVPC, foi en marzo de 56,72 euros, 23 céntimos menos que en febreiro.

Aínda así, a factura en marzo deste ano é superior en 2,05 euros que a que se pagou hai un ano. Iso si, baixa por sexto mes consecutivo despois das medidas adoptadas polo Goberno para mitigar nos consumidores o impacto da suba da electricidade entre as que estaba a suspensión por seis meses do imposto do 7% á xeración.

Esa exención temporal que se aplicou durante o últimpo trimestre de 2018 e o primeiro de 2019 podería xerar unha alza impositiva de 2 ou 3 puntos porcentuais e encarecer a factura mensual entre 0,5 e 1 euro por familia. O Executivo agarda que se poida absorber todo o efecto da suspensión.