CRTVG

Buscar

A liña Zamora-Ourense estará cortada do 5 ao 28 de novembro polas obras do AVE

Publicado o 21/10/2019 13:01
A liña Zamora-Ourense estará cortada do 5 ao 28 de novembro polas obras do AVE

O tráfico ferroviario na liña de ancho convencional Zamora-Ourense verase interrompido do 5 e 28 de novembro (ambos os incluídos) con motivo das obras de construción da Alta Velocidade Madrid-Galicia que afectarán a diversos puntos do trazado.

Segundo informou o Administrador ferroviario, o motivo dos cortes son os traballos que se realizarán no tramo Taboadela-Ourense, tanto na contorna da base de montaxe da Mezquita (Ourense) como no túnel do Padornelo e a estación de Zamora, relacionados con modificacións de  encravamentos e renovacións de vía, a instalación de novos elementos de sinalización e adecuación de rasantes.

Tamén procederá de forma paralela á renovación da vía "por tramos" entre Baños de Molgas e Taboadela, na liña convencional Zamora-Ourense. "En paralelo", está a executarse o novo túnel de  Padornelo da LAV Madrid-Galicia.

Durante o tempo que duren as obras, o Administrador establecerá un plan de transporte por estrada para os clientes dos servizos afectados, que inclúe "transbordos entre Ourense e Zamora en todos os servizos" e no caso dos trens con orixe e destino a Pontevedra e Vigo realizaranse entre Zamora e orixe ou destino.

Entre os servizos afectados, atópanse os trens Alvia que saen de Pontevedra ás 8.15 horas e 15:35 horas, respectivamente, con destino Madrid e Alacante; o tren que sae de Ferrol ás 5.55 horas da madrugada e ás 13:25 horas; o que sae de Lugo ás 11.10 horas, e o Alvia das 5:48 horas de Santiago de Compostela.

Máis sobre actualidade

R. Sociedade 1-1 Vilarreal
30/11/2020 00:01
Arousa 1-0 Atios
29/11/2020 23:54
Estradense 1-1 Choco
29/11/2020 23:42
Bergantiños 2-1 Fabril
29/11/2020 23:37
As Palmas 3-2 Spórting
29/11/2020 23:23
R. Vilalbés 3-2 Fisterra
29/11/2020 23:23