CRTVG

Buscar

A Liga Galega de Traíñas suspende as regatas da área sanitaria da Coruña

Publicado o 08/08/2020 13:48

Moitas dificultades son as que agardan ao deporte. E para mostra, o acontecido hoxe coa suspensión de tres regatas da Liga Galega de Traíñas.

A difícil situación da área sanitaria da Coruña provocou a cancelación das bandeiras previstas para hoxe de Perillo, da liga B, e de Oleiros, da competición feminina. Tampouco se disputará a Bandeira de Mera de mañá domingo, correspondente á Liga A. Desta competición sí terá lugar a do Concello de Bueu. Tódalas regatas suspendidas poderían ser recolocadas noutras datas, aínda que apenas hai ocos no calendario.

Noticias web

08/08/2020