CRTVG

Buscar

A letra pequena dos ERTES e as axudas obriga a declaralos no IRPF do próximo ano

Publicado o 27/06/2020 14:08
A letra pequena dos ERTES e as axudas obriga a declaralos no IRPF do próximo ano

O consello de ministros dáballe luz verde a prolongación dos Ertes ata o 30 de setembro, unha medida que ten a súa letra pequena. Por exemplo, os que se beneficien agora do paro terán que tributar por el no IRPF do vindeiro ano, pagando cantidades que poden superar os 1.000 euros.

 Débese a que as retencións do SEPE son, polo xeral, inferiores ás que realizan as empresas, e, sobre todo, a que ó ter máis dun pagador a cantidade mínima de ingresos pola que nos vemos obrigados a presenta-la declaración baixa de 22.000 euros a tan so 14.000. Os beneficiarios terán ademais menos vacacións e cobrarán menos na paga extra.