CRTVG

Buscar

A Laracha aplica restricións máis duras desde esta medioanoite

Publicado o 20/11/2020 15:34

A Laracha é, xunto con Vilalba, o concello en que entran en vigor novas restricións esta medianoite.

Dende ese momento, A Laracha quedará pechada perimetralmente co resto dos concellos da comarca de Bergantiños, que xa levan pechados unha semana.

A hostalería só poderá servir a domicilio ou para levar e tamén se prohiben as reunións de non conviventes.

Todo isto porque subiron tanto os contaxios en só unha semana que agora está en alerta vermella.

Noticias web

20/11/2020