CRTVG

Buscar

A investigación xudicial vaise centrar no pozo en que caeu o pequeno Julen

Publicado o 28/01/2019 08:31

Centos de persoas quixeron acompañar os pais e amigos do pequeno Julen na súa despedida.
O neno foi soterrado onte no barrio malagueño de El Palo. Descansa ao carón do seu irmán Oliver, falecido hai dous anos a causa dun infarto. As flores da brigada de mineiros, por expreso desexo dos pais, ían coas da familia, presidindo a comitiva fúnebre.

A investigación xudicial vaise centrar na existencia do pozo en que caeu Julen. Sábese que era ilegal, non se solicitaran permisos. E no tapón de terra que o neno tiña sobre el. Un tapón do que sorprende a súa dureza. Será a maxistrada do xulgado número 9 de Málaga a que determine as circustancias en que tivo lugar a morte do pequeno.
Tamén se confirmou a través da autopsia que Julen morreu no mesmo día do suceso, tras sufrir politraumatismos na caída.

Os brigadistas de Salvamento Mineiro que rescataron o corpo de Julen explicaron o labor que realizaron estes días. Un traballo que tivo un protagonismo especial ao que non estaba afeita esta unidade que ten máis dun século de vida.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019