CRTVG

Buscar

A instalación dun radar de treito na Nacional 525, en Coles, permite acabar coa sinistralidade

Publicado o 05/12/2019 14:08

Este treito da Nacional 525 era, sen dúbida, onde máis accidentes se producían na provincia de Ourense. Entre 2010 e 2015 rexistráronse 7 falecidos, 17 feridos graves e 28 leves. Un punto negro ano tras ano.

A tipoloxía dos sinistros máis graves aquí era a mesma, invasión do carril contrario por un exceso de velocidade. En decembro de 2015 instalouse un radar de tramo, o que permitiu reducir notablemente a sinistralidade.

Hoxe en día non hai ningún punto negro na provincia de Ourense.

Este radar de treito foi o primeiro instalado nunha estrada convencional de Galicia e o segundo de toda España.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019