CRTVG

Buscar

A información de proximidade, protagonista na programación da Radio Galega

Publicado o 02/09/2019 17:56

Comeza a nova tempada na Radio Galega cunha programación que aposta pola actualidade e a proximidade. Entre as novidades destaca tamén o salto á televisión do emblemático programa Pensando en ti, de Marcial Mouzo, que será retransmitido en directo na G2. Comeza o novo curso na Radio Galega con máis información de proximidade desde primeira hora da mañá.

O Galicia por diante continúa ao longo da mañá con conexións en directo, humor e moita actualidade da man de Cristina García e Kiko Novoa.

Silvia Pereira e Celia Rúa conducen os informativos centrais, a Crónica das dúas e a das oito da tarde, que contará cun faladoiro televisado e unha nova sección con divulgadores de prestixio.

Novidades tamén para a comunidade trasnoitadora do Pensando en ti. Desde hoxe, o programa líder das madrugadas poderase ver en directo na segunda canle da Televisión de Galicia.

Os espazos culturais e deportivos completan a oferta coa que a radio pública do país quere seguir sumando oíntes.

Noticias web

02/09/2019