A industria mar-alimentaria, pendente da lei do cambio climático
A Dirección Xeral de Costas fixou o vencemento da concesión do grupo Tres Mares en abril do ano que vén. Agora rectifica e amplía este período ata o ano 2056.
Para a empresa situada en Lires desde 1961 supón un balón de osíxeno que permitirá dar viabilidade aos seus investimentos.
Desde o Goberno galego celebran a noticia, pero lembran que aínda quedan moitas industrias pendentes dos períodos concesionais.
A conselleira do Mar insiste en que se retire da proposición de lei de cambio climático o artigo que fai alusión á permanencia da industria alimentaria no litoral.
O Ministerio de Transición Ecolóxica aplica un criterio distinto coa empresa Stolt Sea Farma e dálle un prazo dun ano para o peche da súa planta de Palmeira.
Desde o sector insisten en que este tipo de decisións crean incerteza no sector.
Reiteran a necesidade destas empresas de realizar a súa actividade ao lado do mar e piden unha normativa clara.
A proposición de lei está en período de emendas. Mentres, un centenar de empresas galegas agardan a decisión do Goberno central para coñecer o futuro das súas empresas.