CRTVG

Buscar

A industria auxiliar do naval agarda que despois do seis de xaneiro volva a actividade a Barreras

Publicado o 30/12/2019 11:38

Respiro para as auxiliares de Barreras. Despois dun ano cheo de incerteza, o compromiso de Ritz-Carlton de rematar o cruceiro e mesmo de construír un segundo abre un momento de calma.

Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, asegurou no 'Bos días' que cren que a "a partir do día 6 de xaneiro se reactivará a actividade", e agarda que "Ritz Carlton cumpra co seu compromiso de reactivar a construción dese buque". "Tampouco descartamos", dixo Mallón, "que se poidan construír tres transbordadores, coas armadoras Havila e Armas, que configurarían unha carteira de pedidos de máis de 900 millóns de euros e suporían máis de mil empregos directos e probablemente 600 indirectos".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019