CRTVG

Buscar

A industria aeronáutica cítase en Santiago para impulsar o sector

Publicado o 13/06/2019 14:35

Santisgo será a sede da terceira edición do Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial que se celebrará en xornada única o próximo 27 de xuño na Cidade da Cultura. Máis de 200 representantes do sector participarán nos relatorios e debates deste congreso que por vez primeira se celebra fóra de Vigo. Entre eles están directivos de empresas líderes do sector a nivel mundial, como Boeing, ou europeo, como Indra ou Aciturri.

Os organizadores esperan que sirva de impulso ao sector aeonaútico galego, que agrupa máis de 40 empresas e 1.200 traballadores, cunha facturación anual de 130 millóns de euros. "As expectativas desta industria son moi positivas. Cremos que a construción de aeronaves a nivel mundial vai ir en crecemento continuo, probablemente imparable durante moitos anos. Todos sabemos como se está comportando o tráfico aéreo mundial. Podemos falar que só no 2018 medrou case un 7 % o tráfico de pasaxeiros, e isto non é máis que unha continuación na última década de incrementos", di Enrique Mallón, presidente do Consorcio que agrupa á industria.
 

Noticias web

13/06/2019