CRTVG

Buscar

A imaxe do bebé co DIU na man podería estar manipulada

Publicado o 08/07/2020 15:28

Nacía no hospital de Hai Phong en Vietnam. O bebé acabado de nacer aparece suxeitando o DIU, un dispositivo anticonceptivo que a nai levaba implantado desde había dous anos. Segundo o médico que atendeu o parto, o pequeno saíu agarrando o DIU como se fose o seu primeiro axóuxere.

Este caso non é primeiro que se fai viral. En 2017, a nai de Dexter, Lucy Heillen, publicaba esta imaxe. Soubemos despois que unha das enfermeiras que asistiu na cesárea colocou o DIU na man do pequeno.

E entón xorden as dúbidas. A primeira, sobre a posibilidade de que unha muller poida quedar embarazada tendo implantado un DIU, un método anticonceptivo cunha eficacia dun 99%. Difícil, pero non imposible.

Noutra foto vemos un bebé que tamén naceu co dispositivo pero, neste caso, pegado na cabeza. Algo que parece moito máis real segundo os especilistas, porque durante a expulsión o bebé podería estar en contacto co dispositivo, pero que naza con el na man resulta case imposible.

Real ou montaxe, a imaxe xa deu a volta o mundo. E iso, nestes tempos é algo imparable.

Noticias web

08/07/2020