CRTVG

Buscar

A Illa de Arousa estrea proxecto pioneiro de realidade aumentada no Museo da Conserva

Publicado o 15/02/2019 21:07

Grazas ás máis novas tecnoloxías, dende a Illa de Arousa, os máis novos poden vivir e os maiores revivir parte importante da nosa historia. No Centro de Interpretación das Conservas estrean un proxecto de realidade aumentada pioneiro en España, do que xa podemos gozar todos.Grazas ás máis novas tecnoloxías, dende a Illa de Arousa, os máis novos poden vivir e os maiores revivir parte importante da nosa historia. No Centro de Interpretación das Conservas estrean un proxecto de realidade aumentada pioneiro en España, do que xa podemos gozar todos.

'Unha ollada cara o mar', leva a ollada cara o que o mar construía, a vida económica e social, dende mediados do século pasado, dende a antes fábrica, hoxe Centro de Interpretación da Conserva da Illa de Arousa.
 

Francisco Alfonso Domínguez, responsable, con 'Imaxina Novas Tecnoloxías', do proxecto de realidade aumentada: "Aquí, o novidoso é que eres autónomo, pos os lentes de relidade aumentada e movéndote pola nave podes ver todo o proceso de todo o que se facía na fábrica, en once paradas. Explícase tanto como as persoas manipulaban o produto e cómo traballaban as vellas máquinas".

Benito Otero, Veciño que xa probou os lentes de realidade aumentada: "Así recordamos a xente maior de antes, como traballaba, os traballiños que pasaba... Gústame".

Cristiña Treviño García, Veciña que de nena traballara na fábrica que agora o revive:  "Cando entre aquí foi coma volver ao meu pasado, a cando era nena, cando traballei na fábrica no século pasado, a mediados. Nós aquí rastrillabamos, carretabamos peixe, serviamos ás señora... Porque eramos aínda unhas crías. Pór os lentes emociona porque é coma se o estivese vivindo de novo.

Un equipo de catro especialistas dunha empresa galega de novas tecnoloxías, traballou arreo, durante máis dun ano, primeiro para coñecer o pasado, entrevistando, investigando e documentándose, e logo para traer ese pasado ao presente e para o futuro, deseñando e programando, desenvolvendo ferramentas innovadoras que agora permiten gozar deste proxecto de realidade aumentada, que o que fai é construír, sobre o que é o Museo, unha capa de ologramas, é dicir, de imaxes virtuais, elementos en tres dimensións, que se solapan coa realidade, co que a xente case vive ou revive cómo se vivía e traballaba aquí.

Rosi Viana Rodríguez, Concelleira de Cultura e Turismo da Illa de Arousa: "Que toda a xente que quera ver este proxecto de relidade aumentada, chame ao Concello da Illa de Arousa. Foi un proxecto financiado totalmente polos GALP, polos Grupos de Acción Local Pesqueira. Este proxecto custou 42.000 euros. Non hai constancia de que haxa in proxecto de realidade aumentada de tal magnitude semellante nin en Galicia nin en toda España. É pioneiro".

Marcos Martínez. Produtor, con MMWEB, dos videos e documentais do proxecto: "Realmente isto non o ten ninguén, non hai ninguén en España que teña un proxecto coma este. Hai cousiñas de realidade aumentada pero só para certos elementos estáticos, non hai nada parecido nun espazo visitándoo e tan grande. Vimos que o tema patrimonialmente tiña unha relevanza moi importante se pescudabamos, moi importante".

Interesante, turistica, cultural e patrimonialmente, polo que amais dos videos promocionais, preparan documentais.

 

Noticias web

15/02/2019