CRTVG

Buscar

A posibilidade de abrir locais de hostalería colleu por sorpresa moitos establecementos

Publicado o 22/05/2020 14:30

Sorpresa e incerteza ante a precipitación. A moitos pillounos coa reixa baixada, e o resto sen marxe para incorporar o persoal.

"Colleunos de sorpesa, nin temos o persoal para atender no interior hoxe nin estamos preparados", di Pepita González.

A mesma sorpresa amosou Toño Pérez: "Viñeron os municipais dicirmo e pilloume por sorpesa".

Preparanse a contra o reloxo. Abren só co 40 por cento da súa capacidade total, coas barras pechadas, os servizos só seran en mesa e nunca a grupos de máis de 10 persoas.

"Limpando e preparando as mesas para retirar algunhas e deixar o 40 por cento da capacidade dentro. É unha boa nova porque podemos traballar dentro e fóra, polo tanto case ao cen por cento", explica o hostaleiro Alberto Laño.

Con estritas medidas de hixiene. Desaparecen os produtos de autoservizo como aceiteiras ou palilleiros, e a mantelería deberá ser dun só uso. Desinfección de superficies comúns entre cada servizo, o mesmo cos aseos que so serán de uso individual.

"Entón mañá xa podemos tomar o café dentro, está ben que vaia funcionando a cousa". "Eu son máis de dentro ca de terraza". "Esperemos que a cousa vaia con cautela". "É pronto a cousa está moi recente", son as opinións dos clientes.

Neste alivio das medidas quedan excluidos os establecementos de ocio nocturno.

Noticias web

22/05/2020