CRTVG

Buscar

A hostalería, afogada, pide auxilio ás tres administracións

Publicado o 23/01/2021 16:45

A excepción da hostalería en Viveiro, Xinzo e Arteixo, que está pechada, todo o resto de bares, restaurantes e cafeterías de Galicia baixan a persiana ás seis da tarde. Este bar do Covelo, que ten restricións medio-altas, pode ocupar o 30 % da capacidade no interior e a metade na súa terraza. Esta cafetería de Vigo, que ten desde o xoves restricións máximas pola incidencia da covid no concello, xa non pode atender dentro os clientes e si pode ter unha terraza ocupada ao 50 %.

Os voceiros da hostalaría galega reuníronse o xoves coa Xunta, co vicepresidente e coas consellerías de Emprego e Sanidade. Pactaron a flexibilización dos requisitos para obter as axudas e forzaron unha reunión para o luns co Goberno autonómico, coas deputacións e cos concellos galegos. O vicepresidente Alfonso Rueda, que esta mañá tivo un acto co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, confía en que a suma de administracións auxilie un sector moi tocado.

O sector da hostalaría insiste en que despois de dez meses de crise o auxilio só serve se é áxil.

 

Noticias web

23/01/2021