CRTVG

Buscar

A historia de superación de Jorge Prado ao que non derrotaron as lesións

Publicado o 15/08/2020 16:16

"Comezou a chover e no salto máis grande do circuíto perdín a moto no aire, caín co xeonllo directamente no chan e eso fixo que tiverse fracturado o fémur. Foi o peor díua da miña vida. Eu quería realmente ter un botón de switch e facer switch off para desconectar"

"Agora se miro cara atrás é incrible todo o esforzo, todas as horas de adestramento que puxen, tanto de rahabilitación como de adestramento, e que puidese estar en dous meses enriba dunha moto e en dfus meses e dúas semanas competindo e facendo un Top 10 na primeira proba do Mundial"

"Eu lémbrome de chegar á carreira e dicirlle a meu pai, é que agora teño un problema, non sei se vou poder saltar porque non sei sea miña perna vai aguantar. Non tiña equilibrio porque facía máis forza nun lado que noutro. Nas curvas de esquerda non podía apoiar o pé, non podía sacalo ben. Despois sorprendinme porque rodei superben. Fixen unha carreira incrible para como estaba"

"Un pequeno fallo cunha curva fai que saia por enriba do manillar, caio directamento no chan coa clavícula. Aos cinco minutos comecei a marearme e foi o punto de dicir, ímonos para o hospital. Pero esta vez non me afectou. Despois da operación, á semana xa estaba subido enriba da bici"

"Volvo á guerra. Ahora sinto que xa estamos a empazar a adestrar de verdade. Dino todo. Estou superorgulloso de min mesmo porque creo que ahi poucas persoas que poden estar igual de motivadas ca min e saír dunha lesión máis forte. Eu son un piloto gañador e a miña mentalidade é gañadora. Adestro para gañar, non adestro para quedar segundo, nin terceiro, nin cuarto, nin quinto, nin facer un Top 10. A min un Top 10 sábeme a pouco. Eu quero gañar"

Noticias web

15/08/2020